Nunha breve nota que o coñecido filósofo inglés George Steiner remitiu a Juan Cruz, o autor da polémica entrevista publicada en El PaÃs Semanal na que minusvaloraba a relevancia do galego, Steiner afirma: "O meu comentario irreflexivo foi unha resposta ao chovinismo rexional que ameaza agora a unidade de España. Pido as miñas máis sinceras desculpas". Juan Cruz remitiulle esta resposta ao Pen Clube de Galicia.