Pinto e Chinto candidatos aos premios Haxtur

Os premios entregaranse no Salón Internacional do Cómic de Asturias

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A quiniela dos coñecidos premios Haxtur, que se entregarán o vindeiro 18 de outubro no XXIII Salón Internacional do Cómic do Principado de Asturias, en Xixón, só conta con candidatos galegos na categoría de humor. Pinto e Chinto compiten neste apartado, que recoñece o labor de todo un ano, co seu traballo en La Voz de Galicia. Canda a eles son candidatos Pau, polos seus chistes en Diario de Mallorca, Suso, de La Nueva España, e Garth Ennis e Goran Parlov coa obra Punisher. Barracuda: o regreso.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chinto, Cómic, Asturias, Humor...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares