Xurxo Taxes: "O meu pai reivindicaba o teatro achegado á xente do común"

Hoxe á tarde preséntase na Coruña a edición completa da obra dramática de Francisco Taxes

O dramaturgo Francisco Taxes, finado no 2003, foi unha figura fundamental da cultura da transición e clave para recuperar o teatro galego despois do franquismo. Hoxe á tarde Xerais presenta na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña a edición da súa Obra Dramática, editada polo seu fillo Xurxo Taxes. Falamos con el para coñecer algo máis sobre a publicación e a figura creativa do escritor teatral.

-¿Cómo xurde a idea da publicación?
A idea parte de Xerais de recompilar nun volumen toda a escrita teatral de Francisco Taxes. Inclúe dúas obras inéditas, Caderno de Bitácora, que representou o CDG en 1985 e outra que eu definiría como a máis persoal e transgresora que escribiu Francisco Taxes, Elas, en 1997. Está sen representar e trátase dunha peza de metateatro na que tres actrices se xuntan para ensaiar a obra dun orixinalísimo autor estadounidense que chega aquí e fai unha versión do Don Juan de Zorrilla. Iso váleles para reflexionar sobre o teatro galego. Tamén hai unha de reflexións sobre a sociedade, a economía global e a súa visión comprometido. É unha comedia moi divertida.

-¿Cal foi o papel de Francisco Taxes na recuperación do teatro galego tralo franquismo?

Taxes é un autor fundamental da Xeración Abrente que aínda está por reivindicar, moi relacionado coa loita antifranquista. Eu creo que o seu teatro é moi popular, máis achegado á xente do común, teatro para a xente, divertido, con diálogos áxiles e de apariencia sinxela. É un dos precursores do camino da personalización, el foi o fundador dese grupo Troula, no 78, que tivo un enorme éxito de público.

-¿Con esta edición teriamos xa acceso a toda a súa literatura teatral?
Case toda. Quedaría únicamente La Guerra del poder o el poder de las ideologías, unha obra de xuventude que el mesmo afirmou que non tiña maior interese. O que si estaría ben sería recoller toda a súa prosa xornalística, eido no que eu creo que sobresaiu bastante. Colaborou en moitas revistas e medios e despois, tamén cultivou no eido da narrativa cultivou o relato curto.