A histórica teoría de que Cristóbal Colón era, en realidade, o famoso noble galego Pedro Madruga, volve dar unha volta de torca. O mariño retirado Alfonso Philippot, principal defensor da orixe galega do navegante, solicitou á Universidade de Granada -que posúe a información xenética de Colón-, que se compare este co ADN dos descendentes da familia Álvarez de Soutomaior. Philippot asegura ter obtido máis de mil sinaturas de apoio nunha semana para solicitar a realización da proba, da que está convencido do seu éxito.