280.000 euros. Esta é a cantidade que separa á Camara de Comercio da organización de Pontus Veteris do proxecto que acariña desde hai máis dun ano, a Semana Internacional da Moda. Unha contÃa que os organizadores pretenden conseguir tanto de fondos privados como da Xunta de Galicia, desde onde esperan unha noticia positiva nas vindeiras semanas. Mentres tanto, a cámara está a ultimar os detalles da vindeira edición de Pontus Veteris que terá lugar o vindeiro martes 22. A actriz MarÃa Castro será o gran reclamo dunha pasarela que se mergullará na lendaria Atlántida e contará coa participación de Florentino, Toypes, Araújo, MarÃa Mariño, Montoto e Charoa.