BD e ilustración na biblioteca de Ferrol

Diferentes autores ofrecerán charlas nestas instalacións

Fran Bueno, Fausto Isorna, Siro López, Xaquín Marín e Kiko da Silva son os autores que, a partir do día 11, visitarán a Biblioteca Municipal de Ferrol. O centro acolle por primeira vez unhas xornadas dedicadas á BD, a ilustración e a animación. Cada xoves, ata o vindeiro día nove de outubro, un destes creadores achegarase ao público da biblioteca para darlles a coñecer o seu traballo a partir das sete e media da tarde. A concelleira de Cultura de Ferrol, Iolanda Díaz, sinalou que con esta iniciativa “unha aposta pola diversidade no marco da Biblioteca Municipal".