Aparecen restos do século I nas Burgas

Os vestixios revelan actividade termal desde a era romana

9/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Agullas, moedas, restos de cerámica e vidro ou os muros de cimentación dun edificio son algúns dos achados que están a aparecer na escavación arqueolóxica do contorno das Burgas, en Ourense. Estes restos proban que xa desde o século I había actividade termal na zona, e que o calor deste manancial era empregado para o sistema de aquecemento dunha casa próxima. A investigación, que dirixe Celso Rodríguez, comezou o pasado mes de xullo como parte do proxecto de recuperación desta área, e está previsto que continúe aínda varios meses. Nunha segunda fase está prevista a construción onda a fonte dun complexo termal e dun bulevar con deseño de César Portela.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Portela, Moedas, Ourense, Muros

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares