Abre en Bos Aires a Biblioteca do Exilio

O proxecto recupera fondos das editoras galegas en Arxentina

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Obras publicadas entre 1920 e 1975 por galegos e españois exiliados a Arxentina. Este é o contido da Biblioteca do Exilio, que a Federación de Sociedades Galegas nesta república abría o pasado venres dentro da Biblioteca Galega de Bos Aires. Entre os volumes que se poden atopar neste espazo están primeiras edicións de obras realizadas por autores galegos e casteláns no exilio. Tamén se poden ver as coleccións Hórreo e Dorna que dirixiron Antonio Cuadrado e Luís Seoane para a editorial Emecé, canda a de editoras coma Nova ou Botella al Mar.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A BD de 2008

Presentámosche as obras galegas elixibles para o Salón del Còmic de Barcelona

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Arxentina, Luís Seoane, República

Claves

Protagonistas
Conceptos