Os Hermanos Mayo voltan a Galicia

Xurxo Lobato comisaría unha mostra que recupera o traballo da axencia fotográfica fundada por galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un descanso na loita. Fotografía dos Irmáns Mayo.

Un descanso na loita. Fotografía dos Irmáns Mayo.

Era unha axencia fotográfica con nome de familia creada por tres galegos e dous madrileños. Hermanos Mayo desenvolveu un intenso e comprometido traballo fotoxornalístico ao longo da Guerra Civil e, rematado o conflito, continuou en México o labor. Agora o fotógrafo Xurxo Lobato recupera para Galicia unha mostra do seus testemuños coa exposición Hermanos Mayo. Guerra Civil Española que se pode ver ata o vindeiro 23 de setembro no Centro Sociocultural Caixa Galicia da Coruña.

Imaxe 1
1/11
Imaxe 2
2/11
Imaxe 3
3/11
Imaxe 4
4/11
Imaxe 5
5/11
Imaxe 6
6/11
Imaxe 7
7/11
Imaxe 8
8/11
Imaxe 9
9/11
Imaxe 10
10/11
Imaxe 11
11/11

Na realidade non eran todos familia, nin se apelidaban Mayo. A axencia naceu do encontro dos irmáns Xulio, Francisco e Cándido Souza Fernández, da Coruña, cos madrileños Faustino e Pablo del Castillo Cubillo. O nome reflectía o compromiso social destes fotógrafos, que percorreron diferentes frontes durante a guerra retratando a vida nas trincheiras e na retagarda cunha aguda ollada social.

Con esta mostra, o coñecido fotógrafo galego afonda no seu traballo encol da memoria histórica, un ámbito que xa tratou coa mostra Os rostros da memoria, centrada nos represaliados polo franquismo. Segundo asegura Lobato, a época da Guerra Civil e mais da república “atráeme moito porque foi un momento de ilusión no que se comezou a gozar da liberdade e máis da autonomía. Ademais a guerra tan tamén ese aspecto de loita entre irmáns, e tamén hai un aspecto místico, eu síntome fondamente republicano e atraeme a loita desa xente que defendeu como puido eses ideais”.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A paixón segundo Lobato

A paixón segundo Lobato

A Galería Trinta acolle ata o vindeiro nove de decembro traballo deste fotógrafo sobre a Paixón

Jalisia (Is my country)

Jalisia (Is my country)

O fotógrafo Xurxo Lobato redescubre a identidade galega cunha mostra na galería Moret Art

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Lobato, Xurxo Lobato, Guerra Civil, Caixa Galicia...