As novas escavacións de Castromao enriquecen a visión do mundo castrexo

Atópanse framentos de tela e restos de pintura nun trisquel decorativo dunha fachada

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As novas escavacións de Castromao enriquecen a visión do mundo castrexo

A nova campaña de escavación nun dos castros máis emblemáticos da provincia de Ourense, Castromao, trouxo importantes sorpresas para ampliar a visión da Idade de Ferro en Galicia. Luís Orero, arqueólogo municipal de Celanova e director das escavacións do veciño xacemento castrexo de Castromao desde hai 17 anos, presentou onte os resultados do traballo deste verán. O equipo exhumou tres estruturas aparentemente domésticas, entre as cales atopou, un pequeno acubillo que gardaba unha xerra con sete moedas de ouro. Pero a maior sorpresa era outra: as moedas estaban envoltas por un tecido que se conservou parcialmente e que é unha das mostras de tear máis antigas do mundo castrexo.

Durante as escavacións, apareceu outro achado significativo. O equipo atopou un trisquel decorativo, dos que se colocaban nas portas das casas castrexas, pero cunha novidade. Pero o baixorrelevo contiña, nas partes máis profundas, nos ocos deixados pola talla do trisquel, restos de tintura de cor ocre alaranxada. “Creo que é o primeiro resto detintura que aparece neste tipo de escultura castrexa”, indica Orero.

As excavacións achegaron, ademáis,numeroso enxoval doméstico, como doas de pasta vítrea, agullas de bronce decoradas para o pelo, agullas de coser e pesas de tear e permitiron levar algo máis atrás a cronoloxía do castro, xa que atoparon máis niveis de ocupación que mesmo reutilizaban elementos c onstrutivos de vivendas anteriores. “Ata agora”, sinala Orero, “criamos que o xacemento se desenvolvera entre o século I a.C. e o I d.C. Agora, pensamos que é algo anterior”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Ouro, Ourense, Celanova...

Claves

Lugares