Hai tempo que os comics deixaron de ser libros para público infantil e comezaron a explorar novos sendeiros temáticos e expresivos. A undécima edición de Viñetas deste o Atlántico é un reflexo de toda esa vertente social e comprometida que está a enganchar a novos públicos. Amén diso, o salón da Coruña é a cita grande do ano ao que acoden as editoriais para presentar as súas novidades e converterse por uns días no epicentro da banda deseñada.
Doce presentacións, dez delas galegas e dúas de fóra conforman o programa técnico para esta edición de Viñetas desde o Atlántico, a gran cita galega da Banda Deseñada. Do mesmo xeito que no apartado expositivo coñecemos as historias sobre o alzheimer de Arrugas ou a experiencia de Miguel Gallardo co autismo (que retrata en María y yo) ou o cambio climático, no programa de presentacións coñecemos o que poderemos mercar nos vindeiros meses.
As editoriais galegas
Todas as editoriais, colectivos e grupos relacionados coa banda deseñada do país teñen unha cita estes días en Viñetas. En cinco días, nun vertixinoso programa de presentacións que dura apenas quince minutos, coñecemos todo o material galego no que se aprecian dúas tendencias: primeiro, que as editoras xa foron avanzando material ao longo do ano e, en segundo lugar, que a maior parte dos traballos están pensados para un público adulto.
A editorial Cerditos de Guinea foi a encargada de abrir as presentacións de traballos e é case a única referencia para nenos con dous álbumes da colección Trasmallo. O tesouro de Carraxe e A Santa Compaña foron os dous títulos que mesturan historias de aventuras que teñen un forte compoñente identitario xa que están inspirados en lendas galegas. Malia que foi publicado na revista de banda deseñada para nenos Golfiño, as historias dos amigos do Archimboldo Roque (que publica Factoría K e que se inclúe na colección BD Banda), son case máis atractivas para lectores adultos polo seu alto compoñente lírico e simbólico desta historias protagonizadas por unha galería de máis de 80 personaxes.
A política tamén ten o seu oco: desde a novela gráfica inspirada no Prestige que recrea A conta atrás ou Terra Libre, o terceiro dunha serie sobre Cuba de Fran Jaraba. A conta atrás regresa a Viñetas convertida nunha novela xa que o ano pasado protagonizaba unha das exposicións do Kiosko Alfonso. A historieta, que está contada a modo de flash-back na que explora os feitos posteriores ao afundimento do petroleiro desde o punto de vista político, mediático e social.
Malia que a Xosé Tomás anunciou hai meses que estaba a facer un álbum para a Universidade da Coruña, é en Viñetas onde se coñece o contido de Tolos. Un traballo que conta catro historias persoais de antigos estudantes da UDC que servirán para promover o estudo entre os universitarios. O album está contado nun ton persoal e intimista que se acompañada dun apartado de extras, de bosquexos, probas de páxinas do propio autor. É dentro deste apartado de novidades que se presentan os catro traballos do colectivo Polaqia. Con Prime Time Holocausto de Álvaro López daremos un salto ao futuro nunha historia contestaria e antisistema; todo o contrario que con Rara Avis de Kike Benlloch e Iván Suárez co que iremos cara atrás no tempo para coñecer a historia dun tatuador. Ademais, Barsowia chega ao seu número 12 mentres que o Sketchbook nº2 preséntanos a arte de Roque Romero, coñecido polo seu blog do Paciente R.
Ademais, Retranca presentará a súa revista e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi) avanzará que en tres semanas estará impreso o seu catálogo. Un proxecto que segundo explica o seu presidente, Santy Gutiérrez, é un proxecto no que levamos anos traballando e é básico para dar a coñecer o traballo de todos os socios. O catálogo nace cos datos de contacto e as mostras de 76 creadores pero a súa intención é ir ampliándoo todos os anos. Ademais, a Agpi tamén presentará as vindeiras actividades deste colectivo, como é o encontro de ilustradores que será en outubro en Santiago e que contará coa presenza de Forges.
As editoriais estranxeiras
So dúas empresas do Estado estarán presentes en Viñetas. Dunha banda a vasca Astiberri, que edita aos creadores Alberto Vázquez e David Rubín pero que nesta ocasión non traen ningunha novidade galega. A outra é Dolmen que na súa colección Siurell,amén de dar a coñecer o seu catálogo, adiantará o traballo dos coruñeses Kike Benlloch e Jose Domingo, Cuimhne, o extenso álbum de maxia e espada.
Máis ampla que a presenza española é a de autores internacionais, convidados a esta edición. Destacan Howard Cruse que aborda a problemática da homosexualidade e Olivier Ka que se centra no problema a abusos a menores que recrea en Por que matei a Pierre (Pourquoi j´ai tué Pierre) unha infancia marcada polos abusos que sufriu por parte dun cura amigo da súa familia. Tamén destaca a presenza de Luc Brunschwig e Etienne Le Roux, que analizan a problemática da inmigración e pobreza no extrarradio das cidades da europa actual.

A conta atrás
Os amigos de Archimboldo Roque
Tolos
Home Sweet Home
Terra libre
Barsowia 12
Novidades de autores galegos en Viñetas"08
Prime time holocausto