Teatro infantil, afeccionado e profesional. Estes son as tres seccións coas que conta a Mostra de Teatro de Cariño que este ano cumpre trinta edicións e que este ano presenta un programa máis amplo. Foi organizada inicialmente por unha asociación veciñal ata a creación do concello en 1988, que asumiu a súa celebración. O concelleiro de Cultura, Manuel Varela, explica o programa desta edición.