Os espectadores de Televisión de Galicia escollerán a partir do mes de outubro a maior marabilla de Galicia entre un listado de vinte candidatas escollidas por un comité asesor. O espazo producido por Voz Audiovisual constará de catro galas que se emitirán en directo onde en cada unha se promocionará sete das vinte finalistas. As tres marabillas máis votadas, unha polo público no plató e dúas polos espectadores nas súas casas, clasificaranse para a gala final na que se escollerá o monumento gañador.