O gañador do “Premio Castelao de Banda Deseñada” que convoca a Deputación da Coruña non se saberá ata setembro. Malia que ata o momento o galardón se entregaba no marco das xornadas  “Viñetas desde o Atlántico” que o concello da Coruña organiza cada agosto, a Deputación decidiu adialo ata o próximo mes. Fontes da Deputación apuntaban que se trata dunha decisión que pretende potenciar, incrementar e visibilizar o mundo do cómic. 
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      






