O país nun libro

Miguel Anxo Murado: “Non hai unha paisaxe especificamente galega. Hai varias paisaxes que se van superpoñendo”

Resumir o país nun libro para lectores de fóra. Esta é a encarga que lle fixeron a Miguel Anxo Murado e a orixe de Otra idea de Galicia, unha obra na que este creador analiza a nosa realidade, historia, xeografía, cultura e sociedade en xeral. Entre os achados que o autor salienta do proceso de creación está o se decatar da importancia atlántica na nosa economía ao longo da historia ou a impresión de que en xeral posuímos unha visión idealizada da paisaxe galega. De cara ao futuro, o autor baralla a posibilidade de facer unha versión galega desta obra na que, alén de vertela para a nosa lingua, se amplíen determinados contidos específicos para o noso público. Estas e outras cuestións son as que nos comenta o propio Murado neste audio.