Cinco millóns e medio permitirán rematar o complexo de San Francisco en Ourense

O Ministerio aprobou onte a declaración de urxencia destas obras

Aínda que o Consello de Ministros rescindira o contrato coa construtora que mantiña bloquado o complexo cultural de san Francisco, en Ourense, as obras deste espazo continuaban se ter un futuro definido. Onte, o Ministerio de Cultura aprobaba a declaración de urxencia destes traballos e asignáballes 5,5 millóns de euros,que permitirán que a obra se complete en oitos meses. O anuncio produciuse poucas horas despois de que o senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza condicionase o apoio do seu grupo aos orzamentos de 2009 a que se reiniciasen as obras neste espazo. O complexo albergará, entre outras instalacións, o arquivo e a biblioteca da cidade.