Unha guía informa os peregrinos dos seus dereitos coma consumidores

Está dispoñible no web do Instituto Galego de Consumo

A Consellaría de Innovación e Industria presentaba onte a Guía sobre os dereitos dos peregrinos como persoas consumidoras, da que se distribuirán 12.500 exemplares entre este colectivo de visitantes. O libro editado en nove idiomas pretende informar os viaxeiros que fan o Camiño de Santiago dos seus dereitos coma consumidores. Cuestións coma o aloxamento, o alugueiro de coches, o transporte por tren, en taxi ou por avión, os correos, a telefonía móbil ou mesmo as máquinas automáticas de venda están tratadas nesta obra, que inclúe tamén recomendacións para facer a ruta.

A guía para peregrinos no web do Instituto Galego de Consumo.