O vindeiro luns día 28 a cidade de Ferrol homenaxeará o escritor Ramiro Fonte. Á unha da tarde o Concello acollerá o acto de entrega do Premio Porto Magno que convocou o Coro Toxos e Froles da Cidade Departamental e que lle outorgou un xurado composto por Julia Uceda, Iolanda Díaz, Félix Villares Mouteira, Miguel García-Posadas, Ramón Pernas, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Loureiro. Ao acto está prevista a presenza dunha nutrida representación da cultura do país para reivindicar a obra do autor, que está a ser tratado na actualidade dunha doenza.