CulturagalegaTV: Notamotof

Rubén Coca dirixiu esta curtametraxe de coidada estética

Marta e Luís son felices como parella até que se cruzan casualmente cun home. Esa noite, as súas vidas cambian repentinamente despois de se faceren unhas fotos xuntos nunha cabina automática. Unha curtametraxe de Rubén Coca recoñecida en numerosos festivais do audiovisual en Europa.