Quiosco: O ollo público lanza un novo número

Os contidos van da poesía de Pavese ao humor de Pepe Carreiro

Portada <i>O ollo público</i>
Portada O ollo público
Poemas de Pavese xunta aos de Oliveira do Ermo. Os cadros a grande tamaño de Pájaro. Artigos sobre cine a cargo de Óscar Suárez ou os Premios da Cultura Galega vistos por Felipe Senén. A revista O ollo público chega ao seu número 23, correspondente ao verán de 2008, a manter a súa visión multidisciplinar das artes e das letras. Arquitectura, gastronomía ou o humor gráfico de Pepe Carreiro son outros contidos que se dan cita nesta entrega.