O director John Eliot Gardiner abrirá o festival Via Stellae co Magnum Mysterium, un repertorio de música coral que irá desde a Idade Media ata o século XX, dirixindo ao seu coro The Monteverdi Choir, recoñecido como unha das mellores formacións corais do mundo. O concerto será en San Martiño Pinario de Santiago de Compostela ás 20:30 h. e as entradas, de balde, están xa esgotadas.
[nota oficial]
O Festival VÃa Stellae
O VÃa Stellae conta cunha programaición de 80 concertos polas vilas e cidades galegas situadas nas oito rutas de peregrinación que conducen a Compostela.
O cartel inclúe a colaboración de Marc Minkowski, John Eliot Gardiner, Rinaldo Alessandrini, Andrea Marcon ou Giovanni Antonini, aos que este ano se unen novos nomes como os de Martin Gester, Philip Pickett, Federico Maria Sardelli, Daniel Harding, etc. Moitos deles ofrecen durante o Via Stellae concertos en exclusiva e tamén concertos preparados unicamente para o festival. Neste sentido, incluso se acolle a presentación mundial dunha nova agrupación inglesa, o Magdalena Consort que, promovido e dirixido por un especialista como Peter Harvey, nace inspirado na revisión da interpretación das obras de Bach e ofrecerá o primeiro concerto da súa historia en Santiago.
O Festival Via Stellae abre nesta edición novas canles de colaboración e algúns dos seus proxectos quedarán inmortalizados en disco compacto. AsÃ, a Misa en si menor de Bach (dirixida por Marc Minkowski) e o Concerto para violÃn de Tchaikovski (a cargo de Janine Jansen e a Mahler Chamber Orchestra e Daniel Harding) vanse gravar durante a celebración do festival por grandes selos discográficos, respectivamente Naïve e Decca. Outros programas como os de Monica Piccinini e Manuel Vilas, o de Mercedes Hernández e Fernando Reyes e o de Marta Infante e a nova agrupación Ars Atlántica tamén se van gravar durante o festival.
Por outra parte, continúanse iniciativas de edicións anteriores como os Concertos Express (breves sesións de 30 minutos de música en claustros de Compostela) e Música e Arte (tardes de domingo con concertos e visitas guiadas a espazos singulares que este ano inclúen os magnÃficos marcos dos mosteiros de Oseira e Armenteira e unha sesión especial dedicada a Schubert e o camiñante na Universidade de Santiago).
O “VÃa Stellae 20/21”, novidade deste ano
Como é xa tradicional, o festival incorpora unha nova programación con respecto á edición anterior. Seguindo ese criterio nace este ano “VÃa Stellae 20/21” que consiste nun ciclo de seis concertos dedicados á música máis actual: a música contemporánea, os clásicos do século XX, as vangardas e os creadores galegos do momento constitúen a súa temática. Dentro desta, neste primeiro VÃa Stella 20/21 os conxuntos e os intérpretes galegos máis preocupados pola difusión do repertorio musical dos nosos dÃas son os protagonistas.
O programa do VÃa Stellae 20/21 é o seguinte:
Sábado 5 de xullo, ás 12.30 h., no Salón Teatro: A “Historia do Soldado de Stravinski”, a cargo do grupo instrumental Século XX, dirixido por Florian Vlashi e narrado por Evaristo Calvo.
Martes 8 de xullo, ás 20.30 h. no Paraninfo da Universidade (facultade de XeografÃa
e Historia). A cargo do grupo Ensemble s21, “Visións da contemporaneidade: vinte anos de música galega”. Dirixe Jorge Berdullas del RÃo e presenta Pazo Yáñez.
Sábado, 12 de xullo, ás 12.30 h. na Igrexa da Universidade, o frauta LuÃs Soto e Diego GarcÃa ao piano interpretarán música para estes instrumentos dos compositores galegos Pereiro, Balboa, González, Durán, Vázquez Casas e Groba.
Xoves, 17 de xullo, ás 21.00 h. no Salón Teatro, o cuarteto de saxofóns S@X21 interpretará o repertorio “Ecos, murmurios... e outras bagatelas.”
Sábado, 19 de xullo, ás 12.30 h., na Igrexa da Universidade, Nicasio Gradaille interpretará pezas para piano de John Cage.
Martes, 22 de xullo, en San Domingos de Bonaval, concerto dobre: ás 20.30 a pianista Natalia Méndez e ás 21.30 o contrabaixo Carlos Méndez.
Os concertos dos grupos participantes no VÃa Stellae 20/21 son todos gratuÃtos e as invitacións deben recollerse dous dÃas antes de cada concerto no punto de venda de entradas do Festival VÃa Stellae, na oficina de turismo de Galicia, na rúa do Vilar nº30-32 de Santiago, teléfono 981565027.