Emili Boix: “Ao que se pode chegar, no marco actual, é que as linguas non castelás teñan prioridade nas súas zonas"

Analizamos as políticas lingüísticas estatais da man do investigador catalán

Alén das accións que se desenvolven sobre lingua nas comunidades que contan con idiomas propios, o estado no seu conxunto tamén posúe políticas lingüísticas. Para falar sobre elas, o profesor de Sociolingüística da Universidade de Barcelona, Emili Boix, participou no encontro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade que organizou o Consello da Cultura Galega. Segundo nos explica, a evolución do traballo estatal neste campo está a ser moi lento, mentres a nivel autonómico observa grandes diferenzas. Ao seu ver, priorizar linguas minoritarias non implica en ningún caso menoscabo de dereitos para os castelánfalantes.