A CIG e o responsable do estudio, últimas aportacións á lingua da aprendizaxe

Corre, pensa e fala

O estudio que afirmaba que "todos os procesos mentais seguen a ser predominantemente máis rápidos en castelán" segue a suscitar polémicas por todos os bandos. As últimas: a do profesor responsable da tese, Camilo Brandín, quen matiza esas as afirmacións tan rotundas que se publican no seu estudio, indicando que quería dicir que "procesna máis rápido a informaicón cando está en español". A versión da CIG é que este feito amosa un "fracaso das políticas de normalización lingüística desenvolvidas desde a Xunta de Galicia". E mentras se está a falar de lingua, a deputada do Bloque Nacionalista Galego, Pilar García Negro, demandou a xunta medias concretas para fomentar o galego no ámbito do deporte.

Polémico estudio



A semana pasada presentabase as conclusións dunha tese de doutoramento dun profesor da Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, Camilo Brandín, que afirmaba demostrar que "todos os procesos mentais seguen a ser predominantemente máis rápidos en castelán", baseándose nas técnicas do cronómetro (medindo os tempos) e a do taquistoscopio. Sen embargo, esta semana, trala polémica suscitada polo seu informe, o autor quixo matizar as súas afirmación explicando que pretendía apuntar que procesan máis rpaíco a información cando está en español, o que non quere dicir que aprendan antes.
Pero non foi a única afirmación que suscitou este informe, xa que a CIG tamén fixo público un comunicado no que advirte que, resultados como os analizados por esta tese de doutoramento, implica un "fracaso da política de Normalización Lingüística desenvolvida pola Xunta de Galicia". Un feito que de se debe, para a CIG, non "á incapacidade do idioma galego" senón "á falta de medios, á falta de política normalizadora" e aunha total "desconsideración cara a propia lingua galega por parte das autoridades públicas.






Lingua co deporte


Falando de lingua e de falar, a deputada do BNG demadou á Xunta de Galicia unha serie de medidas para conseguir fomentaro uso do galego no ámbito do deporte. Unhas medidas concretas que pasaban por potenciar as camisetas deportivas con lemas en galego, que a megafonía dos estadios funcionen nesta lingua, que os clubes de futbol que portan no seu nome un topónimo o escriban correctametne e n galego e que as rotulacións das instalación deportivas se escriban en galego. Non son todas as medidas que propón, pero si unha boa enumeración das mesas. Son medidas que ela considera, precisas para "promover e animar o uso normal, oral e escrito da lingua galega no deporte".













Ciberlingua

Coa boa experiencia obtida nos institutos Xelmírez I e Fontiñas, o programa Ciberlingua volve de novo. Pero esta vez estará destinado ós pais e mais que poderán descibir as posibilidades formativas e de entretenemento de Internet. Un curso que pretende partir dos contidos básicos sobre o que é a rede, as súas posibilidades educativas, cómo se navega pola Internet, buscadores- correo electrónico, aplicaciones didácticas a diferentes disciplinas-. Un curso que se desenvolverá na segunda quincena de febreiro.