Hai 800 anos, o rei Alfonso IX concedeulle a Crunia un goberno propio. NacÃa asà o xermolo do que hoxe é a cidade da Coruña, un feito que agora o concello quere festexar por todo o alto. Esta fin de semana terá lugar un dos numerosos pratos fortes cos que se recuperan as figuras, a música e o contexto que foron determinantes para construÃr a súa historia.
“Este ano celebramos o outorgamento dunha carta-foro, que non está datada nun dÃa, senón nun mes, o de xuño. Por iso programamos neste mes unha serie de actividades que comezaron cunha recepción e a edición dun periódico especial o dÃa primeiro” explica Juan Alfeirán, coordinador do programa de actividades deste festexo. Era o acto inaugural da programación estival que se estende ao longo de tres meses e que inclúe concertos, exposicións, roteiros teatralizadosÂ…Â… que busca, sobre todo implicar ao cidadán na súa participación. “É un centenario dos cidadáns e o coruñés ten que sentirse integrado”. Asegura Alfeirán que se buscou unha fórmula diversificada e non só historicista co obxectivo de que todos os colectivos da sociedade se sintan partÃcipes. “O comité organizador dos actos está formado por membros do goberno entre os que está o alcalde e buscaba a participación cidadá, a diversidade dos actos e a orixinalidade” explica o coordinador.
Actos da de liberdade
Este sábado terá lugar o que bautizaron coma Fin de semana da liberdade. Para Juan Alfeirán serve para “facer unha lembranza do outorgamento dos dereitos e liberdades que protexeron a Crunia do clero e da nobreza”. As actividades céntranse principalmente en tres aspectos: a celebración dun concello aberto cidadá na praza da MarÃa Pita (das 21:00 ás 23:00 horas), un concerto das campás da cidade vella (de 23:00 a 23:45 horas) e unha sesión de fogos pirotécnicos (24:00 horas) no paseo marÃtimo.
Na carta-foro remitida polo rei Alfonso IX, promulga a creación dun concello. Juan Alfeirán explica que era o “goberno propio para a cidade. A particularidade é que aquel concello era aberto pero, co tempo, foise perdendo ese carácter ata chegar á composición actual. Con esta actividade pretendemos recuperar aquel goberno e, ao tempo, destacaremos oito personaxes importantes da cidade, un por cada século”. Os oito personaxes (catro homes e catro mulleres) son MarÃa Xoanes (século XIII), Xoan do Perrote (século XIV), o fidalgo Roi Xordo das Mariñas (século XV), MarÃa Pita (século XVI), o Duque de Uceda (século XVII), Xosé Cornide (século XVIII), Xoana de Vega (século XIX) e, por último Emilia Pardo Bazán. Todos eles serán evocados na pasarela instalada na praza de MarÃa Pita que reafirmará os valores que lle imprimiron cada un deles e que contribuÃu a definir a cidade tal e como é.
O concerto fará sonar as campás de todas as igrexas da zona vella que se unirán para interpretar a obra “Crunia”, que foi especialmente composta para a ocasión. Un concerto que durará 45 minutos, que apagará as luces da zona vella da cidade e que servirá de anticipo do espectáculo pirotécnico.
O resto da programación
Estas actividades conforman unha pequena parte de todos os actos programados ao longo do ano. Unha planificación que procurará que cada quince dÃas haxa un evento especial de diferente tipo. O vindeiro dos programas é unha intervención nun espazo urbano con motivos da cidade. “PedÃuselle a 16 ilustradores coruñeses que fixeran viñetas con fitos da cidade que vai ser reproducida por dous grafiteron nos piares dun viaducto da cidade” comenta o coordinador do programa. E de cara a finais de mes terá lugar o festival dos mares Oceanus (26-29 de xuño).
Canda a estas iniciativas haberá dúas exposicións de gran formato que se inaugurarán en xullo e en outubro que conforman o apartado histórico da mostra. “A primeira das mostras, que estará no quiosco Alfonso, explica a figura e a época e Alfonso IX e está cordinada polo historiador Fernando López Alsina” explica Juan Alfeirán. A segunda das mostras pretende recoller unha sÃntese destes oitocentos anos a partir da época da Idade Media (comisariada po Xosé Manuel Sánchez Chousa), a Idade Moderna (Alfredo Vigo Trasancos), e a Idade Contemporánea (Barreiro Fernández). Esta segunda exposición terá lugar no Palexco e irá de outubro a finais de novembro.
“Son eventos especiais” asume Juan Alfeirán “pero tamén haberá outras actividades, como resultado da colaboración con outras institucións. Precisamente porque este aniversario é de todos e para todos”. En todo caso, canda este programa de tipo cultural, o departamento de festas está a ultimar o listado de actividades de carácter máis festivo, onde os concertos de música teñen un lugar destacado.