A revista Caña volta á rúa cunha especial atención á BD

Volta Caña

9/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
20 lecturas | Compartido 0 veces
Logo dunha primeira época na que xa dera acubillo a traballos de diferentes autores, a revista Caña acaba de comezar a súa segunda época. Desta volta, entre os seus contidos destaca a serie Planeta Mincha unha incursión de Manel Cráneo na ciencia ficción que sairá en entregas dunha páxina. Ao tempo, o autor abre un blog no que achegará contidos e información complementaria sobre este curioso mundo. Canda a el, Alberto Guitián, con tiras humorísticas e mais o noso crítico Henrique Torreiro participan nesta nova andaina. A publicación verá a luz en formato xornal cada mes.

Universo culturagalega.gal

10/06/2009

Quiosco: Viralatas

O novo magazine de balde presta especial atención á banda deseñada

Universos

Claves

Conceptos