Manuel Forcadela e Adolfo Zutel gañan os esquío de poesía en galego e castelán

A poesía dos esquíos

O clube dos esquíos medra. E os novos admitidos son Manuel Forcadela e Adolfo Zutel, gañadores da XXI edición. O primeiro coa obra "Lámpada e medusa" e o segundo con "Si alguien no escribe un verso" alzáronse cos premios en galego e castelán dun dos galardóns máis lonxevos en Galicia e que organiza conxuntamente a Fundación Caixa Galicia e a Sociedade Valle-Inclán. Pero non foron os únicos premios que se repartiron este fin de semana, xa que, na Coruña, a coñecida agrupación "Toxos e Froles" recibíu os Iar de Folc polo seu traballo.


Premios esquío




Había moitos e moitos candidatos, e tamén había, segundo afirmaron membros do xurado, moito nivel. Sen embargo, só podían gañar dúas obras, unha para cada categoría establecida (en galego e en español), e ó final os vencedores foron o arxentino Adolfo Zutel por "Si alguien no escribe un verso" e o profesor universitario Manuel Forcadela con "Lámpada e medusa". Como parte do seu premio, o ano que ven ambos os dous gañadores verán publicadas as súas obras (e que se presentarán de cara marzo ou abril). A outra parte confórmaa a partida duns 9.015 euros (millón e medio de pesetas). Os dous finalistas, María Cristian Lobaiza con "Con memoración nuestra" e María do Cebreiro con "A lenta aprendizaxe das sereas" obtiveron un accesit dotado con 1.502 euros (250.000 pesetas).
O acto de fallo dos galardóns, que tivo lugar na noite do sábado, só estaba presente Manuel Forcadela, o outro gañador estaba en Arxentina, o seu país natal. Forcadela tivo palabras de agradecemento para os organizadores do premio. Ademais, aproveitou para criticar a situación actual da poesía en galego , xa que considera que é "un recoñecemento, unha gratificiación a un labor tan esforzado e ó mesmo tempo tan carente de prestixio, porque o lamentable para os que escribimos neste idioma é o escasísimo que fóra de cleebracións dunha noite temos na realidade".





Premios para "Toxos e Froles"

O premio IAR de foclore cumpríu dez anos galardoando a outros históricos, "Toxos e Froles", unha das agrupacións máis antigas e destacadas do folc galego.
E todo isto tivo lugar no teatro Rosalía da Coruña, onde enstiveron numerosos grupos como a agrupación asturiana Esbardu, de Avilés, el Alkartasuna Dantza Taldea, de bermeo (Vizcaya), e o grupo coruñés Iar.
Con case 90 anos de andanza, o grupo "Toxos e Froles" de Ferrol é un dos máis antigos de Galicia. E durante todo este tempo tamén sufriron modificacións con respecto á súa situación actual, de feito foron incorporando novos coralistas, un grupo de instrumentistas, pandereteiras, un grupo de baile e outro de teatro.













E os últimos premios en Pontevedra



















Esta fin de semana tamén se repartiron premios en Pontevedra. E foron os "Cidade de Pontevedra 2001" que foron creados polo concello para premiar a traxectoria, o labor social e humano de persoas ou entidades que se caracterizan por ensalzar o nome da cidade. Os galardón desta edición recaeron en Ana María Penas Balchada e no colectivo Vaipolorío.
Ana María Penas participou en tres olimpiadas e o ano pasado obtivo dúas medallas de prata e outras tantas en bronce nos campionatos do mundo e de Europa de piragüismo.
Por otra banda, os outros galardoados son o colectivo Vaipolorio, polo seu traballo en defensa do medio natural.