O traballo dos carpinteiros de ribeira será un dos eixes da presenza galega na Feira MarÃtima de Brest o vindeiro verán. Logo dunha longa decadencia, o sector sobrevive na actualidade grazas á recuperación de embarcacións tradicionais, un campo no que tamén se están a dar innovacións.
Agora mesmo, dous estaleiros da RÃa de Arousa están a construÃr cadansúa dorna de tope. Nos dous casos trátase de embarcacións de bo tamaño, que roldan os sete metros de eslora. No entanto, mentres na Illa de Arousa os estaleiros de Manuel Mougán están a traballar seguindo os métodos máis tradicionais de construción, no Grove, Pepe Garrido aborda unha experiencia pioneira construÃndo unha nave deste tipo con métodos modernos. Para alén desta modernización, o estaleiro puxo en marcha tamén un blog no que informa, dÃa a dÃa e con abondoso material gráfico, de como avanza a construción. Segundo explica Fernando Piñeiro, presidente da Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial, “a dÃa de hoxe temos esta dualidade. Por unha banda hai asociacións que constrúen de xeito tradicional e por outra banda temos unha iniciativa moi interesante, que pode ser discutible, na que un particular encargou unha dorna de tope, de practicamente as mesmas medidas, pero empregando novas técnicas”, explica a se referir ao traballo de Garrido.
Oportunidade laboral
Deste xeito, imos atopar unha embarcación que en aparencia será en todo semellante ás tradicionais pero que emprega elementos coma colas ou maderas tropicais. “Este sistema de construción achega unha oportunidade ao sector industrial, e algúns vémos iso coma unha vantaxe”, lembra Pieñiro. E é que a restauración e elaboración de embarcacións tradicionais en madeira supón, a dÃa de hoxe, unha das principais bolsas de traballos para as escasas carpintarÃas de ribeira que existen no paÃs. Dentro disto, o emprego de novas técnicas, que poden facer máis asequible o produto final e animar a mais clientes, non deixa de ser unha oportunidade para o sector. Para alén,o feito de apostar por novas construcións non é particular do noso paÃs. Na Costa Brava hai tempo que os tradicionais Llauds se constrúen con novas técnicas e mesmo chegou a habelos de fibra de vidro. “Agardamos que aquà non cheguemos á fibra”, desexa Piñeiro.
Os clientes
Precisamente son as asociacións que compoñen a Federación uns dos principais clientes deste tipo de negocios. “A Federación está interesada na recuperación de embarcacións tradicionais, e é moi importante para nós recuperar tipoloxÃas extintas. No caso da dorna de tope desapareceu ao vir o motor, e para impulsar a recuperación impulsouse o proxecto DesafÃo a tope. A idea é que diferentes asociacións da federación encargasen a construción de embarcacións deste tipo, cunhas medidas de 7,5 metros de eslora e 2,5 de manga”. Agárdase que de cara ao 2010 se poida contar xa cunha mÃnima flota deste tipo de naves coa que organizar regatas e actividades, de xeito semellante ás que xa se desenvolven desde hai anos (e cun éxito crecente) con naves coma as dornas polbeiras.
Rumbo Brest
O traballo dos carpinteiros de ribeira e da Federación son dous dos grandes puntais da presenza galega na Feira MarÃtima Internacional de Brest, á que o noso paÃs acode este verán como convidado. Alà amosarase o proceso de construción dunha embarcación tradicional e exemplos reais de 25 barcas que percorren as nosas rÃas. Para Piñeiro “isto pode ser un pulo importantÃsimo. Esta é unha cita de nivel internacionais con millóns de visitantes que supón un escaparate estupendo. Ademais, os colectivos cos que imos contactar e nos que agardamos participar, coma o European Maritime Heritage, teñen acceso ao Parlamento Europeo, que é de onde xorden a maior parte das leis que provocaron a desaparición destas embarcacións”, explica. “Nestes momentos cómpre, e sobre todo para nós, chegar onde se lexisla para que a nosa riqueza cultural neste campo se faga notar”. Máis preto de nós, para a Federación esta cite supón unha grande oportunidade para dar a coñecer o seu traballo entre a sociedade galega e concienciar o público da importancia deste patrimonio.