Educadores e público participan hoxe na II Festa da Narración Oral

Celébrase no Pino con conferencias e sesión de contacontos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O colectivo Tatalo e a Nova Escola Galega organizan hoxe no concello coruñés do Pino a II Festa da Narración Oral de Galiza, baixo o título de “Sucedidos no Camiño”. Será un intenso día que contará con dúas partes. Pola mañá sucederanse as conferencias sobre xogos populares e tradición oral, impartidas polo profesor Antón Cortizas, Paula Carballeira, Montserrat Rivera ou Bieito Iglesias. Ao serán comezará oficialmente a festa, con actuacións dos contacontos Paula Carballeira, Quico Cadaval, Xurxo Souto ou Cándido Pazo; á noite, os bares do Pino acollerán as sesión dos participantes que tamén queiran curtirse na narración de historias.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Pino, Paula Carballeira, Antón Cortizas...