A Reunión en Educación Ambiental reune en Santiago a expertos dos cinco continentes

Educar no medio ambiente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O medio ambiente degrádase. Cada día que pasa pérdese o a pasisaxe de montaña, a biodiversidade e as áreas protexidas son cada vez máis pequenas. Situacións como estas precisan instrumentos prácticos que permitan saber como hai que actuar en educación para que o planeta sobreviva. É o obxectivo que une a expertos de todo o mundo que se reunen dende hoxe en Santiago organizado pola Xunta de Galicia e a Unesco.

Reunión internacional

Uns 110 expertos dos cinco continentes traballarán en Santiago durante dez días para debater sobre cinco grandes temas: a convencia pacífica no mundo, conservación do paisaxe de montaña e turismo sostible; biodiversidade e áreas protexidas ; complexidde ambiental e globalización; e finalmente, fame e pobreza. Son os puntos precisos para sentar as bases dunha educación máis ecoloxista que permita previr e atallar problemas do medio ambiente. A Reunión Internacional de Expertos en Educación Ambiental está organizada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a UNESCO.

Cinco temas en dúas fases

Os cinco temas de estudio que pretenden abordar solucións educativas artéllase en dúas fases. A primeira delas desenvolvése en reunións pechadas ó público e elaborarán un borrador que se debatirá na fase central por un grupo de 34 expertos , dos que 30 son representantes dos cinco continentes e 4 electos pola Xunta.

Foro Galicia de Educación Ambiental

Estes días constitúese o Foro Galicia de Educación de Ambiental. Un grupo que pretende elaborar unha serie de propostas e recomendacións para o desenvolvemento estratéxico medioambiental. O foro está conformado por 75 membros seleccionados polo Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (CITA).

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, UNESCO, Xunta de Galicia, Tecnoloxía...