Foron case un milleiro de correspondentes de guerra de numerosos paÃses, e deron conta aos seus xornais da Guerra Civil española, un acontecemento que acaparou a atención mediática do momento. Para Preston, a Guerra Civil "supuxo o inicio da era dos correspondentes de guerra. Durante tres anos os ollos do mundo fixáronse en España, e os nomes máis importantes da prensa internacional apresuráronse a informar e rexistrar aqueles feitos. Algúns dos seus artigos xustificaron o dito de que o bo periodismo é a primeira versión da historia".
Para Preston, a experiencia do acontecido na Alemaña nazi e na Italia fascista impulsou a estes correspondentes a intentar abrir os ollos dos seus respectivos gobernos ante a escasa visión de futuro dunha polÃtica de non intervención, que privou á República de medios para defenderse e botouna nos brazos da Unión Soviética.
O acto está organizado polo Club Internacional de Prensa, terá lugar hoxe, martes 3 de xuño ás 20 h. na sede da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar 19, Santiago.