Non ten cadriños nin globos, as ilustracións son a páxina completa con textos ao pé, pero é unha historia  narrada secuencialmente, nos lÃmites do que podemos considerar BD. Kalandraka  acaba de lanzar á rúa As aventuras da mazá vermella, unha obra do sueco Jan Lööf que conta o percurso desta froita por un barrio. A obra, de 36 páxinas, pode adquirirse por 13 euros.
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      


