O vindeiro 18 de xuño Madrid verá un feixe de actividades arredor da BD galega. A Fundación Feima acolle a mostra Trazos: Cómic e ilustración de Miguelanxo Prado ás oito da tarde. Unha hora antes, este autor presentará a obra “Os compañeiros. A orde da pedra” que editou esta fundación con El Patito Editorial. Para rematar a xornada, na sede da Fundación, na rúa Fernando III O Santo poderá verse o documental 35 anos de historieta galega dirixido por Gemma Sesar.