A arquitectura internacional chega estes dÃas a Galicia a través de Europan, a federación europa de institucións e administracións públicas, que concede premios anuais para arquitectos menores de corenta anos. Mañá comezan as xornadas nas que se entregan estes galardóns a proxectos nas zonas propostas polos distintos paÃses. Cada gañador recibirá fondos para executar a súa actuación, que no caso de Galicia desenvolverase no Concello de Poio. Ademais, desde este luns, 25 grupos de traballo desenvolven “in situ” unha proposta de reurbanización sustentable en Monteporreiro, Pontevedra. O venres coñeceranse os proxectos no marco das xornadas.


