
Baixo o título de "Detrás do barco pirata", Protexta achega contribucións sobre os diferentes eidos do sector: novidades teatrais, da ilustración, da literatura infantil e xuvenil, así como a investigación académica e a tradución, e destaca en portada unha entrevista con Marcos Calveiro, gañador do premio Ala Delta 2007 por O carteiro de Bagdad. Calveiro afirma: "Vale máis un programa infantil en galego na tele que mil habanas".
O suplemento tamén adica espazo ás Letras Galegas e a Xosé María Álvarez Blázquez, e entrevista ao filósofo Ignacio Castro, que está de actualidade pola publicación do seu novo libro Votos de riqueza.