Remata o VI Simposio Pondaliano cun recital de Manuel María

Ata logo, Pondal

O VI Simposio Pondaliano que se veu celebrando durante este mes en Ponceso, chega hoxe ó seu fin coa realización dun recital poético a cargo de Manuel María, despois dun notable éxito de participación e co compromiso de continuidade para o ano próximo.







Conferencia e recital





A última xornada que se celebrará hoxe, inlcuirá unha conferencia de Manuel Ferreiro Fernández, profesor na Universidade de A Coruña, experto en Pondal e autor do libro Pondal: do dandysmo á locura. A continuación, cara as sete e media da tarde, o poeta lugués Manuel María ofrecerá un recital pondaliano.












Éxito de público




A participación foi a máis elevada de tódalas edicións, con máis de setenta persoas participando nos actos. As exposición celebradas sobre o libro no Rexurdimento e os anteriores simposios recibiron tamén unha grande cantidade de visitantes.



Viaxe a A Coruña



Unha das últimas actividades do congreso foi a visita á coruña que se celebrou o sábado. Nel,a os participantes visitaron a Real Academia Galega, o Arquivo do Reino de Galicia e a Academia de Belas Artes.