O autor galego afincado en Barcelona, MartÃn Romero, acaba de pór en marcha un novo espazo web no que se pode ver unha ampla mostra dos seus traballos en BD e ilustración. Ao tempo, tamén pola rede atopamos a ampla recensión que no xornal “El Correo” lle dedican ao Fanzine Enfermo, codirixido por Alberto Vázquez, e a “Argh!”, publicación que conta cunha nutrida representación galaica. Tamén o blog La Carcel de Papel recolle novos fanzines, entre os que se atopa o traballo de Brais RodrÃguez para “Lunático”.
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      


