A libraría Banda Deseñada de Vigo prepara para esta fin de semena unha dupla presentación de novidades galegas. Os irmáns Jacobo e Norberto Fernández estarán a partir das oito da tarde deste sábado no local para dar a coñecer os seus últimos traballos Aventuras de Cacauequi e O castelo regadeira, respectivamente. Algo máis ao sur, en Beja, o xa coñecido festival de cadriños portugués contará a partir do vindeiro día dez coa exposición Dez anos de BD Galega, que coordinara a AGPI e xa se puido ver en Viñetas desde o Atlántico. Para rematar, no Porriño levan as Bds á rúa na iniciativa Bibliopraza, que anima aos cidadáns a se achegar á leitura na praza do Concello.