Quizais unha das eivas que con máis frecuencia se lle apón ao mundo editorial galego é a existencia dun alto número de empresas que actúan cunha visión pouco empresarial do negocio. A xestión de dereitos, os problemas da internacionalización ou a optimización do propio proceso editorial son algunhas das eivas que detectan os membros do propio sector. De cara a paliar isto están a se abordar nos últimos anos distintas apostas pola formación, un camiño imprescindible para garantir a supervivencia da nosa cultura impresa.
Precisamente ata final deste mes de maio está en marcha o programa formativo que a Asociación Galega de Editores (AGE) organizou en Vigo en colaboración co Grupo Femxa. Os dereitos de autor ocupan un dos cursos de formación que se achegan, un tema sen dúbida que supón unha das bases do traballo para estes profesionais na actualidade. A produción editorial é o outro módulo no que se centra esta proposta. Segundo recoñece Alfonso GarcÃa SanmartÃn, presidente da Asociación, “este é o primeiro ano que se están a facer accións formativas. Isto é consecuencia das reflexións do propio sector e da necesidade permanente de camiñar cara á profesionalización do mesmo”. De cara a artellar estas actividades, na AGE “fÃxose unha enquisa sobre temas de especial e interese e buscouse xente que puidese impartir cursos cunha certa garantÃa”, lembra o presidente.
O mestrado
A outra grande iniciativa que existe no noso paÃs arredor desta cuestión é o Mestrado de Edición que organiza a Universidade de Santiago de Compostela e que xa vai pola terceira edición. Neste ciclo, que se desenvolve ao longo de dous anos, trátase desde a historia do libro ata as posibilidades da edición dixital ou as peculiaridades do propio sector editorial galego. Na iniciativa coinciden profesionais de anos con estudantes que saen directamente da carreira e buscan encamiñar no mundo editorial a súa vida profesional. Con esta última edición, en total xa pasaron arredor dun cento de alumnos por estas aulas. O mestrado compleméntase cunha serie de cursos puntuais sobre aspectos concretos coma a xestión de dereitos ou o deseño editorial, que permiten aos interesados con menos tempo ou que detecten eivas especÃficas na súa formación, mellorar tamén os seus coñecementos.
A integración práctica
“O mestrado ten unha función importantÃsima”, recoñece GarcÃa SanmartÃn. “Achega a xente que ten inquedanzas polo mundo da edición e está máis formada a nivel teórico. Despois as editoras complementan esa formación amosándolles á realidade do sector, obrÃgaos a reflexionar sobre os problemas que se atopan na vida diaria e a ollar como os resolver”. Para alén dese complemento de formación práctica, co que os alumnos xa contan mediante as prácticas que se inclúen no propio ciclo, en xeral semella que o resultado é satisfactorio para a industria. “Estamos a comprobar que o mestrado é unha canteira de persoal importante para as propias editoras, tanto para encargas puntuais como para contratación”, explica o presidente dos editores. Desde a outra banda, a directora do mestrado, Mercedes Brea, recoñece o seu agrado cando comprobou que “algunha editora ao recibir os estudantes en prácticas recoñeceu que daba gusto traballar con eles, que coñecÃan o medio e que mesmo achegaban ideas”. Malia á capacidade destes titulados, e á relativa novidade deste ciclo, as posibilidades laborais non sobran no sector. “Da primeira edición houbo varios que xa traballaban en temas relacionados con isto e houbo outros que atoparon traballo, pero agora mesmo o mercado editorial non pode absorver tantos novos traballadores”, recoñece Brea.
As necesidades
Pola banda dos socios da AGE, xa profesionais, observouse que “o interese estaba centrado no propio proceso de xestión editorial, o tema dos dereitos e a cuestión da internacionalización”, lembra GarcÃa SanmartÃn. Por xestión editorial enténdese todo o proceso de edición dun proxecto, o que se pode considerar a base da edición. Isto amosa como moitos editores consideran necesario revisar e completar as eivas que poden ter no seu propio sistema de traballo. O interese pola xestión de dereitos e mais a internacionalización, canda a demanda de moitos socios de cursos de perfeccionamento de inglés, son un claro indicador de como se percibe a necesidade de ampliar o campo de negocio ao ámbito internacional. “Dadas as limitacións que temos tanto de lectores en galego como da propia poboación, está claro que precisamos abrirnos ao mundo. A calidade da nosa edición pode competir con calquera” recoñece o presidente deste gremio.
A formación que vén
A necesidade de formación non é algo exclusivo dos nosos editores. “Temos unha canteira importante de editores novos coa ollada posta no futuro”, explica o presidente dos editores, que considera que a tendencia a se preocupar máis pola formación destes profesionais é mundial. “Como gremio somos novos, e mesmo a nivel internacional estamos a nos enfrontar a procesos de cambio moi importantes que fan necesaria a formación. Entón vemos que editores doutras comunidades teñen a mesma preocupación”. Dentro das mudanzas máis recoñecidas ás que se enfronta o sector está o desafÃo que supoñen as novas tecnoloxÃas de información e da comunicación. “O reto é como integrar esas tecnoloxÃas e os novos soportes, que xa se empregan, para os facer rendibles desde o punto de vista editorial”, lembra GarcÃa SanmartÃn. Inciden neste campo tamén desde o mestrado, e Mercedes Brea apunta que “hai unha especial atención ás novas tecnoloxÃas e mais a cuestións coma a edición baixo demanda”.
O sector ata o de agora
“Ata o de agora, a xente que chegaba ao mundo da edición non tiña formación teórica básica, a aprendizaxe facÃase dÃa a dÃa e sen estar moi guiado”, apunta o presidente dos editores. “O núcleo máis importante das editoras galegas nace logo da transición e están fundamentadas no compromiso e no voluntarismo personalista”, completa, “agora o desafÃo está na profesionalización. Se non temos uns profesionais capaces de facer traballos con garantÃas e unhas empresas que non poidan perdurar no futuro, dificilmente se pode manter este aspecto da nosa cultura que xa é considerado un sector estratéxico”. Coincide con el en boa medida a directora do mestrado. “Penso que no mundo editorial galego segue a haber moita improvisación. AÃnda asÃ, hai xente que chegou a ser un profesional moi competente e contamos com moitos deles para compartir os seus coñecementos no mestrado”, apunta Brea. A maiores, “boa parte das editoras vivÃan exclusivamente dos subsidios por editar en galego, e posiblemente iso dese en que haxa pouca iniciativa e pouca capacidade de innovación. Hai experimentos fantásticos coma todo o que ten que ver co grupo Kalandraka, que conseguiron encher un oco, e penso que isto é o que fai falta. Unha visión empresarial máis ambiciosa e ofertar polo mundo adiante as moitas cousas que temos”, completa.
O futuro
“Iniciativas coma estas só poden mudar o panorama cara a mellor. Posiblemente houbese que ampliar os lazos entre as faculdades e as editoras, e ogallá un dÃa poida haber unha titulación propia de edición, que é unha tendencia que se está a concretar polo mundo adiante”, resume GarcÃa SanmartÃn os seus anceios. Pola súa banda, Brea apunta que os traballos deste tipo “poden contribuÃr a mudanzas significativas pero non a moi curto prazo. Estas iniciativas tardan en ser aceptadas, mesmo polo sector”. Entre as novidades máis inmediatas, desde a AGE anuncian que se farán máis cursos este mesmo ano e que se abrirá un novo proceso de reflexión sobre as necesidades que detectan os socios neste sentido. Pola súa banda, Brea anuncia que para o vindeiro ano “o mestrado vaise convertir nun programa oficial de posgrao integrado nos principios de Boloña. Estará integrado na oferta universitaria con tÃtulo oficial e cos créditos ao prezo correspondente”. A maiore,s “será interuniversitario, en colaboración coa Universidade de Vigo e contará coa AGE para coordinar o programa de prácticas”, completa.