Precedo Ledo analizou en A Coruña a situación critica da demografía

A menos

Galicia perde poboación cada día de xeito irreversible. Esta é a radiografía da nosa realidade demográfica que amosaron onte en A Coruña expertos en xeografía humana reunidos pola Fundación Barrié. Unha situación que precisa de medidas inmediatas para deter a perda de poboación.

Situación crítica




Dende 1987 os datos sobre crecemento vexetativo bruto en Galicia acadan cotas negativos. Os últimos datos, segundo Andrés Precedo Ledo, xecreatro xeral de Planificación da Xunta, revelan que o ano pasado sufréuse a maior perda de poboación. O panorama é acuciante e extrémanse as dificultades dos últimos tempos. As zonas rurais desertízanse e as zonas industrializadas crecen o xusto para garantir o seu propio autodesenvolvemento. As xornadas "Os problemas demográficos no cambio de século" destacaron ademais que só as cabeceiras de comarcas están amosando un perfil de dinamismo dentro da situación de retroceso de Galicia. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) o España comezará a perder poboación no 2010, unha situación que leva sufrindo Galicia dend 1986.











Consecuencias



A situación estructural da nosa demografía ten ademais consecuencias nos diversos eidos sociais e económicos. O envellecemento paulatino da poboación implica o incremento das pensións aumentado o número de habitantes que dependa doutras persoas para a súa subsistencia. Tamén se encargaron de alertar que a situación actual dos números de incorporación ó mercado de traballo se reducirá, xa que a longo prazo haberá unha grande escaseza da man de obra.