Para alén dos tres premios do público que obtiveron Alberto Vázquez, Antonio Seijas e mais “Retranca”, os galegos conseguiron presenza nos galardóns oficiais do Saló de Barcelona mediante a súa participación en publicacións colectivas. De feito, o premio ao mellor fanzine foi para “El fanzine enfermo”, que codirixÃa Alberto Vázquez e que contaba nas súas páxinas coa presenza periódica de autores coma Brais RodrÃguez, Miguel Porto ou MartÃn Romero. Tamén “El Manglar”, elixida mellor revista, tiña nas súas páxinas unha colaboración habitual de Porto.