O Padriño inaugurou un novo xeito de ir ao cinema, cunha estrea masiva en numerosas salas ao mesmo tempo. Era o modelo que Hollywood impuxo porque non só facía as películas, senón que ao mesmo tempo controlaba as redes de distribución e era propietario das salas. O problema é que este modelo se acentuou a día de hoxe e, co peche das pequenas salas independentes, afogaron as poucas vías de saída das pequenas e modestas producións. Culturagalega.org achégase aos diferentes modelos de distribución e exhibición que empregan as produtoras do país para poder estrear os seus títulos cunha serie de reportaxes. No primeiro: o contexto xeral.
O sistema clásico de explotación económica do cine dividíase en tres sectores: as empresas produtoras que facían as películas; as distribuidoras, que mercaban os dereitos de comercialización ás produtoras; e a exhibición, que proxectaba as salas das películas arrendadas ás distribuidoras. Nos anos setenta o modelo era ben simple, pero apareceron outras ventás de explotación do produto cinematográfico: as televisións (en aberto e de pagamento), o vídeo de venda e de alugueiro, o DVD e, o último en sumarse ao carro, Internet. Isto ocasionou cambios nos hábitos de consumo dos espectadores, que cada vez acude menos ao cine e, os cambios estruturais nos tres sectores tradicionais que perfilaron máis aínda a oferta cinematográfica.
A aceleración chega ao cine
Coa multiplicación de soportes para ver as películas, o público comezou a deixar de ir ao cine. A industria respondeu a este comportamento social cunha estrea masiva e acelerando o tempo de vida da película. A maior parte dos beneficios que dá un filme a día de hoxe, ten lugar nas dúas primeiras semanas de estrea, se pasado ese tempo non tivo éxito, renóvase a carteleira, aseguran fontes do sector da distribución. Así fóronse acelerando os ritmos, tanto para as distribuidoras, as encargadas de ofrecer o catálogo, como para os exhibidores, os propietarios das salas de cine. A oferta é tan rápida que se non apuras para ver unha película, desaparece da carteleira, deixando moi pouca marxe para o boca-orella, que é o que pode funcionar para as pequenas producións independentes apunta Manolo González, director da Axencia Audiovisual Galega, entidade dependente da Consellaría de Cultura.
Faltan espectadores, pechan salas
Os cines de toda a vida, os que tiñan unha gran pantalla e un amplo patio de butacas foron cedendo terreo a prol das multisalas, para poder exhibir varias películas ao mesmo tempo e conseguir esa estrea masiva en diferentes partes do mundo. Non é de estrañar que na última enquisa elaborada pola Asociación de Investigación de medios de Comunicación (AIMC) revelase que a provincia de Ourense é a máis afectada polo peche das salas de cine estando, xunto con Burgos, Teruel e Badaxoz, nos últimos postos no censo de locais. Ademais este mesmo estudo, asegura que Galicia conta cunha media de sesenta salas por cada millón de habitantes. Ademais da perda das salas descende o número de espectadores. Nas últimas cifras publicadas polo Ministerio de Cultura relativas a 2007, cuantificaban que A Coruña perdeu nese ano oito salas, 199.845 espectadores e 438.000 euros con respecto ao ano anterior. Antes pechaban só as salas que tiña nunha única pantalla de cine pero agora o grupo Ábaco-Cine Box, un dos primeiros grupos exhibidores do país, está en suspensión de pagos desde setembro de 2007, polo que a situación comeza a ser preocupante pero, principalmente, polo descenso de espectadores asegura esa mesma fonte do sector da distribución.
Cos cambios, os exhibidores comezaron a escoller máis detalladamente a película que ían proxectar, evitando riscos económicos. Cómpre lembrar que para proxectar un filme hai que facer unha copia, que custa entre 800 e 1.900 euros, e logo enviala por mensaxeiro ata o cine, que cobra por peso e por distancia. Hai que ter en conta que unha película pode pesar entre 25 e 40 quilos para facer un cálculo aproximado do custe. Todo isto implica que hai que planificar moi ben cantas copias se fan e a onde se van levar; tendo en conta os datos actuais de público está moi constatado que películas non teñen tirón. Non se trata de publicidade, nin de calidade, nin das condicións establecidas polas majors, senón que hai películas que non teñen tirón explica esta mesma fonte. A distribución é unha das partes do ciclo de vida dunha película que tamén está a sufrir os cambios deste sistema. Segundo as cifras do Observatorio Audiovisual Galego existen dúas empresas deste sector en Vigo: Baños films, que iniciou Emilio Baños e Suso Zinea, moi lonxe das preto de quince que existían nos anos corenta.
Penso que as axudas están mal repartidas, apunta unha fonte consultada por esta redacción. Se se quere apoiar o sector cinematográfico deberá facerse en todas as etapas do ciclo de vida, non só na produción. De que me sirve que me axuden a facer unha película se despois non podo exhibila? asegura.
A Axencia Audiovisual Galega contabiliza que este ano están pendente de estrea vinte longametraxes que xa están completamente rematadas. Se temos en conta que unha producción hollywoodiense chega ao Estado con, aproximadamente, 500 copias e as coproducións galegas entre 3 (se son minoritarias) e 160 (nas maioritarias, asociadas con grandes produtoras estatais), e lle engadimos a promoción publicitaria desigual vemos que existe un futuro complicado. Desde o mundo da distribución acusan que o problema real é o descenso de espectadores, se houbera moito público, habería mercado para todos.
Nas vindeiras reportaxes analizaremos os diferentes modelos seguidos por produtores galegos para poder chegar ao público e os resultados que lle valeron as súas estratexias, así como o cine dixital como aposta para o futuro.