A editora Boom Cómics acaba de presentarlle ao público estadounidense o cuarto número da serie “North Wind”, que debuxa o vigués Alex Cal. O autor infórmanos ademais, de que a produtora cinematográfica Davis Entertainment adquiriu os dereitos da serie de cara a unha posible adaptación da mesma ao cinema. 
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      






