O Festival de Teatro de Valladolid homenaxeará a traxectoria de Ana Vallés nesta edición

Valle(s)

8/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi unha das artífices de “En Pé de Pedra”, xestionou durante trece anos o Teatro Galán e ademais é actriz e directora de teatro. Estes son algúns dos méritos polo que o Festival de Teatro de Valladolid (TAC) homenaxeará a Ana Vallés (Ferrol, 1959). Será o día 28 de maio, no transcurso desta edición, cando lle entregarán unha estatuíña e proxectarán un vídeo sobre algunhas das montaxes de Ana Vallés como “A brazo partido” ou “Historia natural”. Falando de teatro, a revista "El Cultural", co patrocinio da Fundación Feima, concederá o vindeiro luns 14 o II Premio Valle-Inclán de Teatro, dotado con 50.000 euros. O xornal “El Mundo” inicia hoxe unha campaña para dar a coñecer os doce finalistas entre os que está Chete Lera (A Estrada, 1949).

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ana Vallés, Valladolid, Montaxes...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares