Educación, cultura e investigación son os tres piares que centran o Foro Mundial de Educación. Un evento que se celebrará do 9 ao 12 de decembro de 2010 pero que se anuncia agora polo ambicioso que se presenta o programa. Parte do grupo da ONU vencellado coa Alianza das Civilizacións e expertos de renome internacional daranse cita neste encontro que organiza o foro que dirixe Federico Mayor Zaragoza. O encontro celebrarase na Cidade da Cultura e coincidirá co ano Xacobeo e co 25 aniversario do Seminario Galego de Educación para a Paz.