O vindeiro luns comezan as actividades da terceira edición das Xornadas de BD de Pontevedra. Organizadas pola Asociación BD Banda coa colaboración da ConsellarÃa de Cultura, o evento contará coa presenza dos tres gañadores do premio Castelao de BD, David RubÃn, Antonio Seijas e Jacobo Fernández nunha mesa redonda. Desde fóra de Galicia, Sergio GarcÃa e os autores de “El Jueves” Albert Monteys e José LuÃs MartÃn completan a presenza de autores. O programa inclúe ademais obradoiros de creación e a proxección de filmes. Os actos desenvolveranse na biblioteca pública entre o 3 e o 5 de abril e as exposicións “El Jueves, 30 anos en portada” e “Historias dunha páxina” poderán verse ata o 30 de abril.