Trala recente conmemoración -o 21 de marzo- do DÃa Mundial da PoesÃa, a editorial FaktorÃa K presenta unha nova iniciativa editorial, a colección Trece Lúas, que se inaugura con senllas escolmas poéticas de dous dos autores máis sobranceiros na Historia da Literatura Galega: RosalÃa de Castro (Santiago, 1837- Padrón, 1885) e Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979). Dous libros con páxinas despregables que conteñen trece poemas cada un, ilustrados por Belén Padrón e Baldo Ramos, respectivamente. A editorial presentou estes dous primeiros número da colección na LibrarÃa Couceiro de santiago nun acto no que participou a Presidenta da Fundación RosalÃa de Castro, Helena Villar, o crÃtico literario Ramón Nicolás, especfialista na obra de Celso Emilio e o artista Baldo Ramos.