Os retos e as eivas da ciencia e da tecnoloxía en Galicia a análise na Semana Galega de Filosofía

Filosofía científica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Pontevedra acolle hoxe unha nova xornada da Semana Galega de Filosofía, na que personalidades como Francisco J. Ayala ou Ramón Villares analizarán a xenética, o deseño e a nación cultural. Na sesión de onte, a subdirectora do Plan Galego de I+D+i, Xulia Guntín, analizou os retos da ciencia e da tecnoloxía en Galicia ao abeiro da política pública nesta materia. Para Guntín, “temos un sistema galego desequilibrado e escasamente articulado, cun reducido peso do sector empresarial, máis acusado cando falamos en termos de esforzo financeiro, e con escasa capacidade de absorción de persoal altamente cualificado”. Maila este panorama considera que o futuro “estará ligado ao futuro do espazo europeo de investigación e ás estratexias e oportunidades que se abran no marco europeo”.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Tecnoloxía, Ciencia, Ramón Villares...