A serie “New Exiles” que publica a coñecida editora estadounidense Marvel, conta cun galego no seu equipo creativo. O vigués Norberto Fernández incorpórase nos números 11 e 12 deste proxecto coma entintador. Canda a el, o guión de Chris Claremont e os lápices de Paco DÃaz. Recentemente o autor xa participara en dous números (un parcial e outro completo) de “X-Men Die by Sword”, da mesma editora con debuxos do español Cafu. 
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      






