Achegámosche un resumo visual da historia da banda deseñada en Galicia

Historia visual da BD galega

| Santiago. Xermán Hermida | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A coincidir coa mostra “A historieta galega: 1973-2008” que pode verse ata o vindeiro mes de xuño no Auditorio de Galicia, botamos man dos fondos do noso soportal para facer un percorrido sintético e visual pola historia da nosa banda deseñada. Un xeito rápido e sinxelo de se facer unha idea de como foron as cousas e como son agora.

Debuxo e compromiso.
1/14
O primeiro fanzine
2/14
BD moderna
3/14
Un paso máis
4/14
Reflexos editoriais
5/14
Volta aos fanzines
6/14
Marcar Coruña no mapa
7/14
Unha liña continua
8/14
A revista
9/14
BD Banda
10/14
Polaqia
11/14
Igualdade cultural
12/14
Proxección exterior
13/14
Apoio institucional
14/14

Malia que hai antecedentes puntuais previos, considérase que a historia da banda deseñada galega comeza por volta de 1973 cos traballos dos grupos Do Castro e mais de Xaquín Marín e de Reimundo Patiño. De calquera xeito, non podemos concibir esta historia coma unha continuidade de relacións entre autores e iniciativas. A febleza das súas estruturas e o escaso alcance das publicacións fixo que os nosos autores non tivesen, ata o de agora, un coñecemento completo dos traballos previos. Deste xeito, dáse a circunstancia de que a BD galega levase reinventando constantemente desde os seus comezos, posiblemente máis aberta a influencias foráneas do que á unha continuidade histórica.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Historia da BD galega

Ver serie completa
A historia da Banda Deseñada galega

A historia da Banda Deseñada galega

30 anos de intentos

Do mesmo ámbito

Marcas de país

Marcas de país

A exposición Galicia Deseñada fai un percorrido pola historia de símbolos, marcas e logotipos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Auditorio de Galicia, Xaquín Marín, Xaquín Marín...

Claves

Conceptos
Lugares