Unha cadea humana, exposicións, libros, discos... estes son algúns dos actos que se están a suceder por parte de diferentes colectivos, pero todos cun mesmo obxectivo: apoiar a candidatura da Torre de Hércules para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O primeiro en facelo foron as autoridades portuarias que abrirán os faros de Galicia a múltiples actos culturais: presentación do CD “Luces no Atlántico” e o libro “Mascarón Azul", máis unha exposición itinerante. Canda isto, o Instituto de Estudos Torre propón unha cadea humana para representar a incidencia social que ten o monumento.
Súmanse as iniciativas para apoiar a candidatura da Torre de Hércules
Todos somos torre
10 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Exposicións, Patrimonio da Humanidade...
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares